Álbum ilustrado dos seres máxicos galegos, de Juan Daniel Guerrero Blanco e David das Tebras

É moi probable que xa coñezas a David das Tebras, o autor da serie revelación da literatura fantástica escrita en Galicia, «Desde Iliddiam», ambientada na nosa terra na época dos castros. Nela, David imaxina un mundo paralelo poboado polos seres fantásticos da nosa mitoloxía: mouros, tardos, trasnos, meigas, nubeiros...

David, todo un experto en mitoloxías, seleccionou os seres máxicos máis representativos da nosa terra e pechouse nun vello caserón no medio do bosque con Juan Daniel Guerrero Blanco, estremeño, enxeñeiro técnico forestal, ambientólogo e, sobre todo, neste caso, ilustrador. 

Alí, rodeados por carballos centenarios e castiñeiros que xa botaban follas cando os romanos se paseaban por estas terras, fronte ás chamas da lareira, David pasou horas e máis horas desvelándolle a Juan os moitos segredos dos seres máxicos que viven en Galicia, mentres Juan ía dando forma, cos lapis de cores na man, a tan fascinantes criaturas.

O resultado telo diante: o Álbum ilustrado dos seres máxicos galegos, unha obra única, tan extraordinaria que case se diría que ela mesma é un ser máxico galego...

Álbum ilustrado dos seres máxicos galegos

 

UNHA OBRA PARA DESCUBRIR A FASCINANTE MITOLOXÍA GALEGA

Os seres máxicos galegos están moi preocupados: teñen medo de desaparecer porque case ninguén se acorda deles!

Por iso pedíronnos que escribamos este libro: queren que os coñezas, que saibas como son, como viven, a que se dedican e que lles gusta.

Porque só se os coñeces poderás lembralos, e se os lembras seguirán vivos...

 

O Álbum ilustrado dos seres máxicos galegos chegará ás librerías o 3 de decembro, pero desde este mesmo momento podes reservalo na nosa web. En canto o recibamos, enviarémoscho por correo, sen gastos de envío.

Pero este álbum non vai quedar só: é o primeiro dunha colección de álbums ilustrados relacionados con Galicia. O segundo, que verá a luz nos primeiros meses de 2027, será o Álbum ilustrado da fauna galega, un fascinante percorrido polos animais da nosa terra.

 

 

Interésache esta novidade? Déixanos os teus comentarios máis abaixo.

 

Escribir un comentario

Enviar

¡Apúntate al boletín salvaje!

Si quieres estar al tanto de lo que hacemos, suscríbete aquí a nuestro boletín y te mantendremos informada. Cada semana te enviaremos noticias de literatura, ecología y vida ecoaldeana y te sugeriremos enlaces de lo más interesante. ¡Únete a nuestra tribu salvaje, queremos tenerte a nuestro lado!

Loading...