A PARTIR DE CINCO ANOS
Lis quere ser cabaleira, afouta coma a das lendas. Acompañada do seu amigo Bigotes, internarase no Bosque das Sombras en busca de aventuras. Mais os perigos son máis difíciles do que ela pensaba, e en ocasións tamén poden vir do noso interior. Conseguirá superalos e chegar a ser unha cabaleira coma a das lendas?
Lis e o Bosque das Sombras é a historia de afouteza e solidariedade na que descubrir o que de verdade importa. Atréveste a adentrarte no Bosque con ela?