Biografía
Eduardo Rolland Etchevers (Vigo, 1969) é xornalista, escritor e guionista. Traballou nos xornais Faro de Vigo, A Nosa Terra e La Voz de Galicia.
Fundou no 2013 o xornal GCiencia, que gañou premios como o Prismas, o Rosalía de Castro ou o da Crítica de Galicia. Ten publicado máis dunha ducia de libros, entre eles, Galicia en guerra (2006), La batalla de Rande (2002), Reconquista (2009), A cidade das ondas (2011), Galicia, National Geographic (2011) ou Pioneiras da ciencia en Galicia (2021).
Recibiu o Premio Nacional de Xornalismo Fernández del Riego (2006), o Johan Carballeira (2004) e o de Xornalismo Científico (2003). No audiovisual, ten dirixido longametraxes como A Arañeira (2006) e Novo Vigo Vello (2011).