1809. Galicia en armas

portada_1809_f1_baja900
13,00 € por unidad

+
Eduardo Rolland
Los Libros del Salvaje
Historia
Historia Salvaxe
Tapa branda
128
978-84-129435-0-4

Á VENDA O 10 DE MARZO. SE O COMPRAS ANTES DESA DATA, ENVIARÉMOSCHO EN CANTO O TEÑAMOS NAS NOSAS MANS (POLO XERAL, UNS DÍAS ANTES DE QUE CHEGUE OFICIALMENTE AS LIBRERÍAS).

 

A CRÓNICA DUNHA GUERRA TERRIBLE CONTRA OS EXÉRCITOS DE NAPOLEÓN.

En 1809, entre xaneiro e xuño, Galicia estivo ao bordo do abismo. Durante douscentos días interminables, dous exércitos inimigos, dúas máquinas de matar curtidas nos campos de batalla de toda Europa, entraron no país e devastárono a conciencia cun único obxectivo, o mesmo que xa fixeran antes na maior parte de Europa: apoderarse del, saquear os seus recursos e someter as súas xentes a un rei estranxeiro, Xosé I Bonaparte, o irmán de Napoleón.

Pero os galegos non quedaron de brazos cruzados. Burgueses, pescadores, artesáns, mercadores, cregos e labregos erguéronse en armas para combateren o francés. Por todas as partes xurdiron «alarmas», partidas de guerrilleiros que, case coas mans espidas, se enfrontaron ao exército máis poderoso do mundo, uns soldados que ben podían traer nas súas alforxas as ideas ilustradas, pero que pretendían impoñelas mediante saqueos, asasinatos, roubos e violacións.

sucedeu o impensable: uns simples paisanos conseguiron, por primeira vez en Europa, a retirada definitiva da Grande Armée, o exército imperial francés, dun territorio conquistado

 

ESTA É A HISTORIA. A NOSA HISTORIA.

---

Eduardo Rolland continúa con este volume a colección de Los Libros del Salvaje dedicada a divulgar os principais acontecementos da historia de Galicia.   

 

1809 Galicia en armas 1320

 

 

 

Lista de los comentarios:
No hay comentarios escritos todavía.

Dar su consejo sobre este tema:

Nombre de usuario:
Correo electrónico:

Bono Cultural Joven

Bono Cultural Joven