Galicia en armas, de Eduardo Rolland

Novo libro! Segunda entrega da nosa colección dedicada aos principais episodios históricos de Galicia, desta volta centrada nun período fundamental do noso pasado recente: as guerras napoleónicas e o enfrontamento dos galegos contra os exércitos napoleónicos, unha xesta que deixou unha profunda pegada na memoria colectiva dos galegos e as galegas.

E con razón, pois esta é unha desas fazañas colectivas que mostran o carácter dun pobo. Unha loita contra a barbarie que, pese a contar con todas as probabilidades en contra, conseguíu expulsar do país aos exércitos franceses, dirixidos por dous dos mariscais con máis sona de Francia: Jean-de-Dieu Soult e Michel Ney. Como no caso da revolta irmandiña, este é outro deses episodios que nos enchen o peito e fan que sintamos orgullo da nosa xente e da nosa historia.

Unha historia que Eduardo Rolland nos trae á memoria coa amenidade dun conto, pero sen perder a necesaria profundidade

 

 

Portada 1809 f1 baja900

1809. Galicia en armas

 

A CRÓNICA DUNHA GUERRA TERRIBLE CONTRA OS EXÉRCITOS DE NAPOLEÓN.

En 1809, entre xaneiro e xuño, Galicia estivo ao bordo do abismo. Durante douscentos días interminables, dous exércitos inimigos, dúas máquinas de matar curtidas nos campos de batalla de toda Europa, entraron no país e devastárono a conciencia cun único obxectivo, o mesmo que xa fixeran antes na maior parte de Europa: apoderarse del, saquear os seus recursos e someter as súas xentes a un rei estranxeiro, Xosé I Bonaparte, o irmán de Napoleón.

Pero os galegos non quedaron de brazos cruzados. Burgueses, pescadores, artesáns, mercadores, cregos e labregos erguéronse en armas para combateren o francés. Por todas as partes xurdiron «alarmas», partidas de guerrilleiros que, case coas mans espidas, se enfrontaron ao exército máis poderoso do mundo, uns soldados que ben podían traer nas súas alforxas as ideas ilustradas, pero que pretendían impoñelas mediante saqueos, asasinatos, roubos e violacións.

E sucedeu o impensable: uns simples paisanos conseguiron, por primeira vez en Europa, a retirada definitiva da Grande Armée, o exército imperial francés, dun territorio conquistado. 

 

1809. Galicia en armas saldrá á venta o 10 de marzo, pero xa podes reservalo na nosa tenda cun 10 % de desconto mentres estea en preventa. Fai clic na imaxe para ir á tenda...

 

Napoleón promoción

 

Interésache esta novidade? Déixanos os teus comentarios máis abaixo.