A PARTIR DE 9 ANOS
Esta novela infantil/xuvenil ilustrada fala da importancia do idioma, de usalo e conservalo, e de como a nosa lingua é parte da nosa herdanza cultural como galegos.
De xeito delicado e con sensibilidade, aborda a problemática da perda de falantes na nosa lingua.
Imaxínate que un día saes da casa e todas as persoas esqueceron a súa lingua.
Imaxínate que falan nunha lingua diferente, estraña.
Imaxínate que es Rosalía ou Fonso.
Imaxínate…
Que farías?